Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Venres, 19 de xullo de 1996 Páx. 7.058

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 28 de xuño de 1996, da Delegación Territorial de Lugo, pola que se notifican sancións definitivas dictadas polos servicios de Xestión Tributaria e Valoracións relativas ós contribuíntes que se citan (Neira Fonteboa, José Manuel e Forjales Fustes, Julio).

De conformidade co disposto no artigo 59-4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanse as liquidacións das sancións definitivas relativas ós contribuíntes cos datos é último domicilio coñecido que se indican, e que foron dictadas polos servicios de Xestión Tributaria e de Valoracións.

Os prazos para efectua-lo pagamento da débeda contraída son os sinalados no artigo 20 do Regulamento de recadación aprobado polo Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro, que establece que as débedas tributarias resultantes de liquidacións practicadas pola Administración deberán pagarse:

a) As notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de notificación ata o día 5 do mes seguinte ou o inmediato hábil posterior.

b) As notificacadas entre os días 16 e derradeiro de cada mes, desde a data de notificación ata o día 20 do mes seguinte ou o inmediato hábil posterior.

c) As débedas non satisfeitas no período voluntario faranse efectivas por vía de constrinximento.

Os recursos contra as liquidacións son: de reposición no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da notificación, ante a Delegación da Consellería de Economía e Facenda (Ronda da Muralla 62-Lugo); e reclamación económico-administrativa no prazo de quince días hábiles, a partir do seguinte ó da notificación, no caso de que fose notificada, expresa ou tacitamente, a resolución do recurso de reposición (artigo 161 da Lei xeral tributaria), ante o Tribunal Económico-Administrativo Rexional. Non se poderán simultanea-la interposición do recurso de reposición e a reclamación económico-administrativa. A interposición do recurso ou reclamación non suspende a obriga de efectua-lo ingreso no Tesouro do total do importe da liquidación.

Lugo, 28 de xuño de 1996.

Gonzalo Luis Vázquez Rivas

Delegado territorial de Lugo

ANEXO

ContribuínteEnderezoContíaExpediente

Neira Fonteboa, José Manuelr/ Rof Codina, 3-2º D-Lugo15.00025/94
Forjales Justes, JulioNieves S/N-Caxigueira-Ortigueira-A Coruña30.0002115/91

5434