Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Xoves, 18 de xullo de 1996 Páx. 6.999

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 1996, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Colleiteiros e Poteiros-Augardenteiros Sil.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e mailos estatutos da Asociación de Colleiteiros e Poteiros-Augardenteiros Sil, que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderan pertencer á devandita asociación tódalas persoas físicas ou xurídicas, titulares ou asalariados de explotacións agrarias dedicadas á producción, elaboración e promoción de viño, augardentes e derivados.

Asinan a acta de constitución: María Álvarez Rodríguez e cinco persoas máis.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 1996.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

5250