Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Xoves, 18 de xullo de 1996 Páx. 6.990

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ANUNCIO do 16 de xullo de 1996, dos tribunais designados para xulga-las probas selectivas para o acceso ó corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia (grupo B), pola que se fan públicas as puntuacións obtidas na fase de concurso.

En sesión conxunta celebrada o día 16 do presente mes polos tribunais 1 e 2 designados para xulga-las probas selectivas para o acceso ó corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia (grupo B), convocadas por Orde do 26 de decembro de 1995 (DOG do 11 de xaneiro de 1996), e de conformidade co disposto na base II.1.1.8 da convocatoria, acordouse:

1.-Publica-las puntuacións obtidas na fase de concurso, que se atopan expostas nos taboleiros de

anuncios da Consellería de Presidencia e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais, no da Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

2.-Outorgar un prazo de dez días, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, para que os interesados poidan formular, ante os correspondentes tribunais, con sede na Dirección Xeral da Función Pública da Consellería de Presidencia e Administración Pública, edificio administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, as reclamacións que coiden oportunas.

Para os efectos de información o teléfono de contacto é (902) 12 00 12 en horario de 9 a 19 horas de luns a venres e de 9 a 14 horas os sábados.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 1996.

Pablo Figueroa Dorrego

Presidente do Tribunal nº 1

Domingo Bello Janeiro

Presidente do Tribunal nº 2

5219