Aprobado inicialmente polo Pleno do Concello, en sesión celebrada o día 27 de maio de 1996, o proxecto de estudio de detalle redactado polo arquitecto, Sergio Lucio Paniccia, a instancia de María Carmen Lijó Cacharrón, para a exclusiva finalidade de construcción dunha vivenda en Ameixida, nº 98 (Castiñeiras), ábrese un período de información pública por un prazo de quince días, contados a partir do día seguinte ó da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia quedando o expediente á disposición de calquera persoa física ou xurídica que desexe examinalo na secretaría xeral do concello, para, de se-lo caso, presentar alegacións.
Ribeira, 28 de maio de 1996.
José Luis Torres Colomer
Alcalde
Números de teléfono do Diario Oficial de Galicia
Teléfonos: 544268 - 544270
Fax: 544272 - 544273