De conformidade co disposto no artigo 59.4º, da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro (BOE do 27), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan, as fases nas que se atopan os expedientes a elas instruídos polo Servicio de Consumo da Delegación Provincial de Industria e Comercio da Coruña, por incumprimento do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño (BOE 15 de xullo), no que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.
Nome: Martín Godinho S.L.
NIF: 15.444.995-B
Expte: 15-023/96
Prazo: un mes.
Trámite: resolución.
Os dito interesado dispón do prazo que se indica, contado a partir da publicación do presente edicto, para que poida examina-lo expediente, na Delgación de Industria e Comercio da Coruña, edificios múltiples, andar 2º, praza de Luis Seoane, s/n, e presentar perante a dita delegación as alegacións que considere pertinentes, conforme o disposto na citada Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
A Coruña, 31 de maio de 1996.
Juan Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña
5064