1. Entidade adxudicataria.
a) Organismo: Consellería de Política Territorial Obras Públicas e Vivenda.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: adquisición de equipo informático para o sistema de sancións de transportes.
b) Lugar de entrega: nos catro servicios provinciais de Transportes e na Subdirección Xeral de Inspección do Transporte en Santiago de Compostela.
c) Prazo de entrega : un mes.
3. Tramitación, procedemento, e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: contratación negociada.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total 4.975.000 ptas.
5. Garantías.
Provisional: non se esixe.
6. Obtención de documentación e información.
Os pregos de cláusulas administrativas particulares que rixen a contratación, así coma o prego de prescricións técnicas, poderán recollerse en:
a) Entidad: nas delegacións provinciais da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.
Na Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte.
b) Enderezo: Praza de Europa 5-A ( 2º andar).
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela-15703.
d) Teléfono: (981) 54 45 94.
e) Telefax: (981) 54 43 51.
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.
7. Requisitos específicos do contratista: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Prazo: o prazo de admisión das proposicións terminará as catorce horas do décimo día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
b) Documentación que hai que presentar: véxase o prego de cláusulas adminsitrativas particulares.
c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.
Domicilio: San Caetano s/n.
Localidade e código postal: Santiago de Compostela-15071.
9. Apertura de ofertas.
a) Entidade: Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte.
b) Domicilio: r/ Praza de Europa 5-A (2º andar).
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data: quinto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte á data de terminación do prazo de presentación das proposicións.
e) Hora: 12 horas.
10. Outras informacións: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que se achega no anexo do prego de cláusulas administrativas particulares.
11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 8 de xullo de 1996.
P.D. (Orde do 25-10-1983, DOG 14/12)
Emilio García Gallego
Director xeral de Obras Públicas e Transportes
5036