VI. ANUNCIOS
DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA
CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA
CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 4 de marzo de 1996, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre Lalín e Merza, con anexos: V-2198; XG-197, por substitución da concesión V-2198; XG-197, de igual denominación.
Advertidos erros no texto da citada resolución, publicada no DOG nº 63, do 28 de marzo de 1996, é necesario efectua-las oportunas correccións.
Na páxina 2.926, na columna da dereita, o apartado III. "Tarifas", queda como se indica a continuación:
III. Tarifas.
Tarifa aplicable:
*Tarifa partícipe por viaxeiro/km.: 9,7863 pesetas.
*Tarifa usuario: 10,4713 pesetas.
*Exceso de equipaxes e encargos: 1,4679 pesetas.
5238