Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 16 de xullo de 1996 Páx. 6.923

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (360/1995).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela.

Fai saber: que neste xulgado do meu cargo, baixo o número 360/1995, se segue procedemento executivo, outros títulos, por instancia de Banco Central Hispano-Americano, S.A., con DNI/CIF A-28-000-446, domiciliado na r/ Compostela, 8-4º Esq. (A Coruña), representado polo procurador Ricardo García-Piccoli Atanes, contra Juan Miguel de Francisco Otero, con DNI/CIF 33.204.673-X domiciliado na rúa do Vilar 18, Santiago de Compostela, e Concepción Mallo Vieiro, con DNI/CIF 33 219 805-P, domiciliado na rúa do Vilar 18, Santiago de Compostela, en reclamación de cantidade; nos seus autos acordouse sacar á venda en primeira e pública poxa, por termo de vinte días e prezo da súa valoración, os seguintes bens embargados no procedemento:

-Lote número un.

Urbano.-Número corenta e nove. Local situado na zona de faiado da cuarta planta, sinalada co número corenta e oito A, pertencente a unha edificación sinalada co número oito A, da Corredoira de Morón, hoxe rúa dos Castaños, en Santiago de Compostela. Extensión: oitenta e cinco metros, trinta e cinco decímetros cadrados. Actualmente o edificio do que forma parte o local está sinalado cos números 5 e 6 da rúa Castaños co número 45 da

rúa Costa Nova. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Santiago de Compostela, no tomo 1.123, libro 165, sección 2ª, folio 13, predio número. 15.475. Valoración: 5.291.700 ptas.

-Lote número dous.

Rústico.-Terreo a inculto onde lle chaman Canido, sito no termo parroquial de Queiruga, municipio de Porto do Son, de extensión superficial vintedúas concas, igual a oito áreas e oitenta centiáreas. Lindes: norte, camiño de carro; sur, Benigna Tornes Romero; este, camiño de carro; oeste, Manuela Prieto Santos. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Noia, predio 9.640, folio 164 do libro 107 de Porto do Son. Tomo 769. Valoración 1.760.000 ptas.

-Lote número tres.

Turismo Fiat Croma, modelo 2000 CHT, matrícula C-5449-AP. Valoración 700.000 ptas.

A poxa celebrarase o vindeiro día vintecatro de setembro ás dez horas da mañá, na sala de audiencia deste xulgado, sito na rúa de Viena, nº un, nesta capital, baixo as seguintes condicións:

1. O tipo do remate será o do valor dado ós bens, sen que se admitan ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da dita suma.

2. Para tomar parte na poxa deberán consignar previamente os licitadores, polo menos, o vinte por cento do tipo de remate no establecemento destinado para o efecto (Banco Bilbao Vizcaya, S.A., conta de depósitos e consignacións número 1591-000-17-00360/1995).

3. Só o executante lle poderá cede-lo remate a un terceiro.

4. Poderán facerse ofertas por escrito, en prego pechado, desde o anuncio da poxa ata a súa celebración, depositando na mesa do xulgado, xunto con aquel, o resgardo acreditativo do ingreso do importe sinalado no punto nº 2.

5. Reservarase en depósito, por instancia do executante, as consignacións dos ofertantes que non resultasen rematantes e que o admitan e cubrisen o tipo da poxa, para efectos de que, se o primeiro adxudicatario non cumprise a obriga, poida aprobarse o remate a favor dos que o sigan por orde das súas respectivas ofertas.

6. Os autos e certificación rexistral encóntranse de manifesto na secretaría deste xulgado, debendo os licitadores conformarse con eles; e, non aportados os títulos de propiedade nin emendada a falta, serán por conta do rematante os gastos de emenda; despois do remate non se admitirá reclamación ningunha polo dito concepto.

7. As cargas e gravames anteriores e os preferentes ó crédito do autor, se os houber, continuarán subsistentes e sen se destinar á súa extinción o prezo

do remate, entendéndose que todo licitador os acepta e se subroga na responsabilidade deles.

8. Se por forza maior ou causas alleas a este xulgado non puidese celebrarse calquera das poxas nos días e horas sinalados, entenderase que se celebrarán o seguinte día hábil, exceptuándose os sábados; e á mesma hora.

Para o suposto de que resultase deserta a primeira poxa, sinálase, para que teña lugar a segunda, o vindeiro vintecatro de outubro, ás dez horas, nas mesmas condicións cá primeira, agás o tipo de remate, que será o setenta e cinco por cento do da primeira; e, en caso de resultar deserta a dita segunda poxa, celebrarase unha terceira, sen suxeición a tipo, o día vintecinco de novembro de mil novecentos noventa e seis, tamén ás dez horas, rexendo para ela as restantes condicións fixadas para a segunda.

Dado en Santiago de Compostela o dezaoito de xuño de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

5005