Convócase concurso público, polo trámite de urxencia, as obras de ampliación do aparcamento do campus da Zapateiro.
O prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de subministracións por concurso público pódese retirar na xerencia, Servicio de Xestión Económica, na sede do Rectorado sita en r/ Maestranza, s/n, A Coruña, de luns a venres e de 9 a 14 horas.
As propostas presentaranse no rexistro xeral da universidade, r/ Maestranza, s/n, de luns a venres e de 9 a 14 horas.
O prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
A apertura de plicas celebrarase o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposición, ás 11 horas da mañá na sala de xuntas da xerencia; se este día coincide en sábado realizarase o luns seguinte á mesma hora.
Orzamento de contratación: noventa e nove millóns oitocentas setenta e seis mil duascentas vintesete pesetas (99.876.227 ptas.).
Garantía provisional: un millón novecentas noventa e sete mil cincocentas vintecinco pesetas (1.997.525 ptas.).
Clasificación: grupo C, subgrupos 2, 4 e 7, categoría d.
Prazo de execución: 9 meses.
A Coruña, 2 de xullo de 1996.
P.D. (Resolución 30-3-1990)
José María Pujalte Giménez
Xerente
5348