Convócase concurso público, polo trámite de urxencia, para a subministración dunha aula docente multimedia para a E.T.S. Arquitectura.
O prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de subministracións por concurso público pódese retirar na xerencia, Servicio de Xestión Económica, na sede do Rectorado sita en r/ Maestranza, s/n, A Coruña, de luns a venres e de 9 a 14 horas.
As propostas presentaranse no rexistro xeral da universidade, r/ Maestranza, s/n, de luns a venres e de 9 a 14 horas.
O prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
A apertura de plicas celebrarase o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposición, ás 11 horas da mañá na sala de xuntas da xerencia; se este día coincide en sábado realizarase o luns seguinte á mesma hora.
Orzamento de contratación: cinco millóns de pesetas (5.000.000 de ptas.).
Garantía provisional: cen mil pesetas (100.000 ptas.).
A Coruña, 1 de xullo de 1996.
P.D. (Resolución 30-3-1990)
José María Pujalte Giménez
Xerente
5293