Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 15 de xullo de 1996 Páx. 6.882

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ANUNCIO do 11 de xuño de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola liña eléctrica a 20 kV ó Centro Penitenciario de Teixeiro, Curtis (expediente 13/1996).

De conformidade co disposto no artigo 31 do Regulamento da Lei do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., co enderezo na rúa Fernando Macías, 2, 15004 A Coruña, de declaración de urxente ocupación para a expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso, sobre os bens e dereitos que se afectan pola instalación da liña eléctrica aéreo-subterránea a 20 kV, de 3.488 m de lonxitude, desde a subestación de Teixeiro ó centro penitenciario, no termó municipal de Curtis (Expte. nº 13/1996).

A declaración de utilidade pública da devandita instalación, que foi outorgada con data 6 de maio de 1996, leva implícita en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou adquisición dos dereitos afectados, así como a imposición da servidume de

paso de enerxía eléctrica, segundo o artigo 14.1º do Decreto 2619/1966.

En consecuencia, calquera persoa dentro dos quince días seguintes ós da última publicación deste anuncio, que se inserirá no Diario Oficial de Galicia, no BOP, e no xornal El Correo Gallego, e os interesados propostos como titulares dos predios afectados contidos na relación anexa, cos que non foi posible o mutuo acordo, ós que se lles practicará notificación individual, conforme o artigo 16 do Decreto 2619/1966, poderán aportar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación indicada, así como formula-las alegacións en razón do disposto nos artigos 25 e 26 do decreto; para tal efecto estará exposto nesta delegación, sita no edificio administrativo Monelos, S/N, 15071 A Coruña, en horas de oficina, o expediente cos planos de situación e perfil da instalación.

Esta publicación realizarase igualmente para efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzcan destes, de conformidade co artigo 5º da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Informase ós propietrios que a entidade beneficiaria facilitará por xestión directa nela ou por escrito que se reciba nesta delegación, os datos para identificación dos bens que se afectan; e de se outorgar a declaración de urxente ocupación solicitada, seguirá o proceso nas súas fases de expropiación, determinación do prezo xusto, e pagamento da indemnización que acorde o Xurado Provincial de Expropiación, en cada caso.

A Coruña, 11 de xuño de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bienes e dereitos afectados

Expediente nº: 13/1996 Provincia: A Coruña

Línea a: 20 kV Sub. Teixeiro-centro penitenciario Concello: Curtis.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosDomicilionºmmlm

27MontebesariaPasteiroLuis Rodríguez AmadoXral. S. Jurjo, 117-119

15006-A Coruña

521061.060

Monte20320

78LamasPradoEmilio Conde GilaBirloque, 40

15008-A Coruña

16 a 21118878.870

Monte26416

5168