Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 15 de xullo de 1996 Páx. 6.874

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 1996 pola que se convoca concurso público para a provisión de diversas prazas de corpos docentes universitarios (1394/1996 e vinte máis).

De acordo co establecido no artigo 38.2º da Lei 11/1983, do 25 de agosto, e o artigo 2.4º do Real

decreto 1888/1984, do 26 de setembro, este rectorado resolveu convocar a concurso as prazas que se relacionan no anexo I da presente resolución, de acordo coas seguintes bases:

Primeira.-Os ditos concursos rexeranse polo disposto na Lei orgánica 11/1983, do 25 de agosto (BOE do 1 de setembro); Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro (BOE do 26 de outubro), corrixido parcialmente polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño; Orde do 28 de decembro de 1984 (BOE do 16 de xaneiro de 1985), e, no non previsto, pola lexislación xeral de funcionarios civís do Estado, e tramitaranse independentemente para cada unha das prazas convocadas.

Segunda.-Para ser admitido ós ditos concursos cómpren os seguintes requisitos xerais:

a) Ser español. Así mesmo poderán accede-los nacionais dos países a que se refire o Real decreto 800/1995, que desenvolve a Lei 17/1993.

b) Estar en posción da titulación suficiente ou estar en condicións de obtela na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes para tomar parte nas probas selectivas.

c) Non ter sido separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin atoparse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

d) Ter cumpridos os 18 anos de idade e non ter cumpridos os 70 anos de idade.

e) Cumpri-los requisitos para exerce-las funcións que dentro do corpo lle poidan ser encomendadas, conforme o previsto regulamentariamente.

Terceira.-Deberán reunir, ademais, as condicións específicas que se sinalan no artigo 4.1º ou 2º, do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, segundo a categoría das prazas e a clase do concurso.

Cando, estando en posesión do título de doutor, se concorra a prazas de catedrático de universidade, de acordo co previsto no artigo 4.1º c) do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, e non se pertenza a ningún dos corpos que nel se sinalan, os interesados deberán acredita-lo feito de seren eximidos de tales requisitos.

Non poderán concursar ás prazas de profesor titular de universidade quen estivese contratado durante máis de dous anos como axudantes desta universidade, coas excepcións previstas no artigo 37.4º da Lei 11/1983, do 25 de agosto (Boletín Oficial del Estado do 1 de setembro), de reforma universitaria.

Cuarta.-Os aspirantes, no prazo de presentación de solicitudes, deberán aboar na conta correnta 48/2, outros ingresos, Caixa Galicia, oficina principal de Santiago de Compostela, a cantidade de 4.000 ptas. en concepto de formación de expediente e por dereitos de exame. A ausencia de acreditación do pagamento destes dereitos dentro do prazo de presentación de solicitudes será causa de exclusión.

Quinta.-Quen desexe tomar parte no concurso remitirá a correspondente instancia, debidamente cuberta, segundo o modelo que figura no anexo II, ó rector da Universidade de Santiago de Compostela, por calquera dos procedementos establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común no prazo de 20 días hábiles a partir do día seguinte a aquel no que teña lugar a publicación desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado, achegando xustificante do pagamento de dereitos de exame e os documentos que acrediten reuni-los requisitos para participar no concurso. A concorrencia dos ditos requisitos deberá estar referida sempre a unha data anterior á da expiración do prazo fixado para solicita-la participación no concurso.

Sexta.-Rematado o prazo de presentación de solicitudes, o rector da universidade, por calquera dos procedementos establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, remitirá a tódolos aspirantes unha relación completa de admitidos e excluídos, con indicación das causas de exclusión.

Contra a dita resolución os interesados poderá presentar unha reclamación perante o rector no prazo de quince días hábiles a contar desde o seguinte ó da notificación da relación de admitidos e excluídos.

Sétima.-O presidente da comisión, dentro do prazo habilitado regulamentariamente para a constitución, dictará unha resolución que lles deberá ser notificada a tódolos interesados cunha anticipación mínima de 15 días naturais respecto da data do acto para o que é citado, convocando a:

a) Tódolos membros titulares da comisión e, se é o caso, os suplentes necesarios para efectua-lo acto de constitución dela.

b) Tódolos aspirantes admitidos a participar no concurso, para realizaren o acto de presentación dos concursantes e con fixación do día, hora e lugar de celebración do dito acto.

Oitava.-No acto de presentación os concursantes entregaranlle ó presidente da comisión a documentación sinalada nos artigos 9 e 10 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, corrixido polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, se é o caso, segundo se trate de concurso ou concurso de méritos.

Novena.-Os candidatos propostos para a provisión das prazas deberán presentar na secretaría xeral da universidade, no prazo dos quince días hábiles seguintes ó de concluí-la actuación da comisión por calquera dos medios sinalados no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común os seguintes documentos:

a) Fotocopia compulsada do documento nacional de identidade.

b) Declaración xurada de que non foi separado da Administración do Estado, institucional ou local,

nin das administracións das comunidades autónomas, en virtude do expediente disciplinario e non atoparse inhabilitado para o exercicio da función pública.

Os que tiveren a condición de funcionarios públicos de carreira estarán exentos de xustificar tales documentos e requisitos, e deberán presentar unha certificación do ministerio ou organismo do que dependan, acreditativa da súa condición de funcionarios e cantas circunstancias consten na súa folla de servicios.

Santiago de Compostela, 24 de xuño de 1996.

Francisco Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO I

-Número de prazas: 1.

Praza número: 1394/1996.

Corpo ó que pertence a praza: catedrático de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: anatomía patolóxica.

Departamento á que está adscrita: Anatomía Patolóxica e Ciencias Forenses.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: anatomía patolóxica. Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso de méritos.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 1395/1996.

Corpo ó que pertence a praza: catedrático de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: arquitectura e tecnoloxía de computadores.

Departamento á que está adscrita: Electrónica e Computación.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: materias da área. Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 1396/1996.

Corpo ó que pertence a praza: catedrático de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: electrónica.

Departamento á que está adscrita: Electrónica e Computación.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: materias da área. Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 1397/1996.

Corpo ó que pertence a praza: catedrático de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: lóxica e filosofía da ciencia.

Departamento á que está adscrita: Lóxica e Filosofía da Ciencia, Filosofía do Dereito, Moral e Política.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: materias da área vencelladas a filosofía da linguaxe. Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 1398/1996.

Corpo ó que pertence a praza: catedrático de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: química inorgánica.

Departamento á que está adscrita: Química Inorgánica.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: materias da área. Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 1399/1996.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: cirurxía.

Departamento á que está adscrita: Cirurxía.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: anxioloxía e cirurxía vascular. Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 1400/1996.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: didáctica da expresión plástica.

Departamento á que está adscrita: Didáctica da Expresión Musical, Plastica e Corporal.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: didáctica da educación visual e plástica en educación primaria. Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 1401/1996.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: economía aplicada.

Departamento á que está adscrita: Econometría e Métodos Cuantitativos.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: estatística (economía e empresarial). Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 1402/1996.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: enxeñería agroforestal.

Departamento á que está adscrita: Enxeñería Agroforestal e Producción Vexetal.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: electrificación rural. Lugo.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 1403/1996.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: producción vexetal.

Departamento á que está adscrita: Enxeñería Agroforestal e Producción Vexetal.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: patoloxía vexetal. Lugo.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 1404/1996.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: producción vexetal.

Departamento á que está adscrita: Enxeñería Agroforestal e Producción Vexetal.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: material vexetal de cultivos leñosos, fructicultura de zonas húmidas. Lugo.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 1405/1996.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: filoloxía italiana.

Departamento á que está adscrita: Filoloxía Francesa e Italiana.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: literatura italiana. Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 1406/1996.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: arqueoloxía.

Departamento á que está adscrita: Prehistoria, Arqueoloxía, Historia Antiga e Ciencias e Técnicas Historiográficas. Santiago de Compostela.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: arqueoloxía xeral, arqueoloxía clásica, tecnoloxía do mundo clásico. Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 1407/1996.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: química orgánica.

Departamento á que está adscrita: Química Orgánica.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: materias da área. Lugo.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 1408/1996.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: química orgánica.

Departamento á que está adscrita: Química Orgánica.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: materias da área. Lugo.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 1409/1996.

Corpo ó que pertence a praza: catedrático de escola universitaria.

Área de coñecemento á que corresponde: economía financeira e contabilidade.

Departamento á que está adscrita: Economía Financeira e Contabilidade.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: contabilidade xeral. Lugo.

Clase de convocatoria:concurso.

-Número de prazas:1.

Praza número: 1410/1996.

Corpo ó que pertence a praza: catedrático de escola universitaria.

Área de coñecemento á que corresponde: enfermería.

Departamento á que está adscrita: Enfermería.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: enfermería cirúrxica I e II. Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 1411/1996.

Corpo ó que pertence a praza: catedrático de escola universitaria.

Área de coñecemento á que corresponde: enxeñería agroforestal.

Departamento á que está adscrita: Enxeñería Agroforestal e Producción Vexetal.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: estructuras metálicas e de formigón, construcción, deseño de aloxamentos gandeiros. Lugo.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 1412/1996.

Corpo ó que pertence a praza: catedrático de escola universitaria.

Área de coñecemento á que corresponde: filoloxías galega e portuguesa.

Departamento á que está adscrita: Filoloxía Galega.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: literatura galega. Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 1413/1996.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de escola universitaria.

Área de coñecemento á que corresponde: enfermería.

Departamento á que está adscrita: Enfermería.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: enfermería. Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 1414/1996.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de escola universitaria.

Área de coñecemento á que corresponde: expresión gráfica na enxeñería.

Departamento á que está adscrita: Enxeñería Agroforestal e Producción Vexetal.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: expresión gráfica na enxeñería.

Clase de convocatoria: concurso.

5253