Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 12 de xullo de 1996 Páx. 6.860

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CAIXA VIGO

CONVOCATORIA de asemblea xeral constituínte.

O Consello de Administración da Caixa de Aforros Municipal de Vigo-Caixavigo, en cumprimento do acordo adoptado en sesión do 29 de maio de 1996, e a teor do previsto nos estatutos da entidade e da normativa vixente, acordou convocar asemblea xeral constituínte. A reunión terá lugar o martes, día 30 de xullo de 1996 na sala de conferencias do Centro Cultural Caixavigo, sito na rúa Policarpo Sanz, nº 13, desta cidade, ás dezaoito horas en primeira convocatoria, e ás dezaoito trinta horas do mesmo día, en segunda convocatoria, de acordo coa seguinte

Orde do día

1. Confección da lista de asistentes para a determinación do quórum e constitución válida da asemblea.

2. Salutación ós conselleiros xerais.

3. Elección de vocais do Consello de Administración.

4. Elección de membros da Comisión de Control.

5. Lectura e aprobación, se procede, da acta pola asemblea.

Prégase ós conselleiros xerais que acudan coa necesaria anticipación, provistos do documento nacional de identidade, co fin de realiza-lo cómputo de asistentes, de xeito que non se demore o comezo da asemblea.

Vigo, 4 de xullo de 1996.

Ramón Cornejo Molíns

Presidente do Consello de Administración

AVISO PARA OS ANUNCIANTES

PREZOS PARA A PUBLICACIÓN DE ANUNCIOS

NO DOG A PARTIR DO 1 DE XANEIRO DE 1996

(Decreto 289/1995, do 3 de novembro,

DOG do 9 do mesmo mes)

-Tramitación ordinaria: 445 pesetas/liña de 54 espacios.

-Tramitación urxente: 890 pesetas/liña de 54 espacios.

Números de teléfono do Diario Oficial de Galicia

Teléfonos: 544268 - 544270

Fax: 544272 - 544273