Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 12 de xullo de 1996 Páx. 6.857

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 1996 pola que se anuncia concurso público, procedemento aberto, para a contratación da asistencia técnica con expediente 648/1996.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Universidade de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica.

c) Número de expediente: 648/1995.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: catalogación de orixinais e reconversión de catálogos manuais de fondos bibliográficos de distintos centros da Universidade de Santiago de Compostela, campus de Santiago de Compostela e Lugo.

b) División por lotes e número: dous (2) lotes.

c) Lugar de execución: Santiago de Compostela e Lugo.

d) Prazo de execución: lote (1) 18 meses, lote (2) 4 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento de licitación.

-Lote (1) 42.000.000 de ptas., IVE e demais gastos incluídos.

-Lote (2) 20.000.000 de ptas., IVE e demais gastos incluídos.

5. Garantías.

-Provisional: lote (1) 840.000 ptas.

-Provisional: lote (2) 400.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entiodade: Universidade de Santiago de Compostela, Servicio de Xestión Económica.

b) Domicilio: Rúa Nova, 6.

c) Localidade e código postal: 15705 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 57 25 00.

e) Telefax: 57 13 10.

f) Data límite de obtención de documentos e información: 4 de agosto de 1996.

7. Requisitos específicos do contratista.

-Clasificación: lote (1). Grupo III, subgrupo III, categoría B.

-Clasificación: lote (2). Grupo III, subgrupo III, categoría C.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 5 de agosto de 1996.

b) Documentación a presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Universidade de Santiago de Compostela, rectorado, rexistro xeneral.

2ª Domicilio: praza do Obradoiro, s/n.

3ª Localidade e código postal: 15705 Santiago de Compostela.

Ou en:

1ª Entidade: Universidade de Santiago de Compostela.

2ª Domicilio: polígono de Fingoi s/n, pavillón catro do complexo da Facultade de Veterinaria.

3ª Localidade e código postal: 27002 Lugo.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Universidade de Santiago de Compostela.

b) Domicilio: Rúa Nova, 6.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: 2 de setembro de 1996.

e) Hora: 13 horas.

10. Outras informacións. Os licitadores poderán presenta-las súas ofertas a un ou ós dous lotes.

11. Gastos de anuncios. Serán por conta do ou dos adxudicatarios.

12. Data de envío do anuncio ó Diario Oficial das Comunidades Europeas: 14 de xuño de 1996.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 1996.

P.D. (R.R. 14-2-1995)

Manuel Castro Cotón

Vicerrector de Asuntos Económicos

5267