Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 12 de xullo de 1996 Páx. 6.855

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 25 de xuño de 1996 de notificación de resolucións relativas a expedientes de desafiuzamento administrativo seguidos contra varios adxudicatarios de vivendas de protección oficial (expedientes C-82/030 e C-83/410).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por esta cédula notifícaselles ós beneficiarios de vivendas de protección oficial cos datos relacionados no anexo, a resolución pola que se acorda a resolución de pleno dereito dos contratos das vivendas que lles foron adxudicadas, por falta de pagamento das cotas pendentes, e o lanzamento das devanditas vivendas.

Requiridos para o pagamento dos recibos pendentes co importe relacionado no anexo, e transcorrido o prazo outorgado sen que o requirimento fora atendido, este feito constitúe causa legal suficiente, ó abeiro dos artigos 138 e 142 do Decreto 2214/1968, do 24 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de vivendas de protección oficial, para a resolución do contrato, desafiuzamento e lanzamento das vivendas.

O lanzamento será levado a cabo polo representante legal da entidade colaboradora Hnos. Alonso Garrán S.L., con credencial para o efecto subscrita e asinada polo director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo e coa autorización xudicial para a entrada no domicilio de particulares na execución de actos forzosos da Administración, incorporada ó expediente e co auxilio das forzas de seguridade do Estado, autonómicas ou locais.

Advírteselles ós interesados que, de conformidade co establecido no regulamento de vivendas de protección oficial poderán evita-lo lanzamento aboando o total da débeda co recargo do 10% establecido no artigo 138 do Decreto 2214/1968, no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte a aquel en que teña lugar a publicación.

Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 1996.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Adxudicatario: Juan Fuentes Calviño.

Expediente: C-82/030.

Conta: 185.

Último enderezo coñecido: rúa Rafael Alberti, bloque 55, portal 2, 3ª A (Polígono de Elviña) A Coruña.

Réxime: alquiler.

Deuda requirida: 685.792 ptas.

Data resolución: 19-4-1996.

Adxudicatario: Miguel A. Iturralde de la Fuente.

Expediente: C-83/410.

Conta: 45.

Último enderezo coñecido: rúa Curros Enríquez, bloque 3-5º K. San Lazaro, Noia, A Coruña.

Réxime: Alquiler.

Deuda requerida: 908.110 ptas.

Data resolución: 25-4-1996.

5270