Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 12 de xullo de 1996 Páx. 6.854

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 17 de xuño de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de incoación de expedientes sancionadores de epizootias LU-192/1996 e LU-208/1996, devoltas polo servicio de correos por resultar descoñecido o seu destinatario.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado, cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinala a continuación, a notificación de incoación do correspondente expediente sancionador polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Lugo.

Noméase instructor do procedemento a Mauricio Alonso Troncoso e secretaria a Mª Jesús Fernández Martínez, funcionarios desta delegación provincial. A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería.

O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula para que poida examina-lo expediente nesta delegación provincial, sita na Ronda da Muralla, 197, a presenta-lo descargo e documentos que considere convenientes na súa defensa, así como para a recusación das persoas designadas como instructor e secretario en calquera momento da tramitación do expediente.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita na Ronda da Muralla, 197-Lugo.

Lugo, 17 de xuño de 1996.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-192/1996.

Denunciado: Antonio Vilariño Sánchez.

DNI nº: 11.357.704.

Último enderezo coñecido: c/ Lepanto, 4-3º B, Ferrol, A Coruña.

Feito denunciado: exerce-la actividade de operador comercial, sen te-lo carné de tratante.

Precepto infrinxido: artigo 65, 195 e 196 do Rgtº. da Lei de epizootias.

Precepto sancionador: artigo 213 do Rgtº. da Lei de epizootias.

Sanción posible: de 1.000 a 50.000 ptas.

Instructor: Mauricio Alonso Troncoso.

Expediente: LU-208/1996.

Denunciado: Miguel A. Sánchez Hortas.

DNI nº: 34.982.163.

Último enderezo coñecido: r/ Progreso 202 A Rúa (Ourense).

Feito denunciado: transporte de gando e carecer de guía de orixe e sanidade pecuaria.

Precepto infrinxido: artigo 32 do Rgtº. da Lei de epizootias.

Precepto sancionador: artigo 212 do Rgtº. da Lei de epizootias.

Sanción: posible: do 20 ó 30 por 100 do valor da res.

Instructor: Mauricio Alonso troncoso.

5174