Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 11 de xullo de 1996 Páx. 6.807

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 1996, do Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra, pola que se sinalan as datas para o levantamento das actas previas á ocupación dos bens afectados polas obras de acondicionamento da estrada PO-244. Treito: Arcade-Ponte-Caldelas. Clave: N/PO/94.3. Termos municipais de Soutomaior e Ponte-Caldelas.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu apartado 2º a competencia da Comunidade Autónoma galega no desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras indicadas no encabezamento da presente resolución, atópanse incluídas no programa de obras que se van realizar con cargo ó programa 413-B «Construcción, conservación e explotación de estradas».

Por resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do 27 de marzo de 1996, aprobouse o correspondente proxecto de trazado.

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 17 de abril de 1996, acordou declara-la utilidade pública das mencionadas obras, e así mesmo, urxente a ocupación dos bens afectados por estas, para os efectos do establecido no artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa.

Na súa virtude, e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 55 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servicio, en uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios do concello que a continuación se cita, para que comparezan nos lugares, datas e horas que se detallan, para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los dereitos afectados, o valor destes, e os prexuízos dimanantes da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ó lugar dos terreos se o consideran necesario.

Lugar: Casa do Concello de Ponte-Caldelas.

Día: 22 de xullo de 1996.

De 9 a 14 horas do predio 001 ó predio 100.

Día: 23 de xullo de 1996.

De 9 a 14 horas do predio 101 ó predio 200.

Día: 24 de xullo de 1996.

De 9 a 14 horas do predio 201 ó predio 300.

Día: 26 de xullo de 1996.

De 9 a 14 horas do predio 301 ó derradeiro predio.

Lugar: Casa do Concello de Soutomaior.

Día: 29 de xullo de 1996.

De 9 a 14 horas do predio 1001 ó predio 1100.

Día: 30 de xullo de 1996.

De 9 a 14 horas do predio 1101 ó derradeiro predio.

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados por persona debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo da contribución, podendo facerse acompañar, pola súa conta, e se o estiman oportuno, dos seus peritos e notario.

Así mesmo, e en cumprimento do establecido no artigo 56 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante o prazo de quince día naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución ou ata o momento do levantamento da acta previa á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia en Pontevedra, rúa Said Armesto nº 1, as alegacións que estimen pertinentes, co obxecto de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

Pontevedra, 2 de xullo de 1996.

Enrique Pardo Landrove

Xefe do Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra

5100