A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6.º, sinala a obriga de que os prezos privados sexan publicados no Diario Oficial de Galicia.
Para cumprir este mandado e despois de emitido o preceptivo informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería,
DISPÓN:
Artigo único.
1. Quedan aprobados os prezos de venda ó publico das publicacións editadas pola Escola Galega de Administración Pública que se relacionan no anexo.
2. Estes prezos entenderanse con IVE incluído.
Santiago de Compostela, 19 de xuño de 1996.
Dositeo Rodríguez Rodríguez
Conselleiro da Presidencia e Administración Pública
ANEXO I
-Manuel Colmeiro, economista e
facendista 1.300 ptas.
-Aproximación ó pensamento xurídico-político de Manuel Colmeiro (1818-1894) 1.600 ptas.
-Teoría e práctica do cambio organizativo na Administración Pública 2.600 ptas.
5043