Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 09 de xullo de 1996 Páx. 6.742

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 1996, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso polo procedemento aberto para a adquisición de equipamento informático para unha oficina periférica do proxecto de tarxeta individual sanitaria (C-106).

Obxecto e orzamento: adquisición de equipamento informático para unha oficina periférica do proxecto de tarxeta individual sanitaria, por un importe máximo de 5.500.000 ptas., IVE incluído.

Solvencia económica e financeira: deberá acreditarse conforme o previsto no apartado 7 da folla de especificacións do prego de claúsulas administrativas particulares.

Solvencia técnica: deberá acreditarse conforme o previsto no apartado 8 da folla de especificacións do prego de claúsulas administrativas particulares.

Prazo de execución: ver apartado 2 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódese solicitar na Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica (Dirección Xeral de Recursos Económicos), edificio administrativo San Caetano, Santiago de Compostela, en días laborais desde as 9 ata as 14 horas.

Fianzas: o 2% do orzamento de licitación, que se constituirá segundo o disposto no artigo 36 da Lei de contratos das administracións públicas.

Clasificación: non se esixe.

Admisión de variantes: non se admiten.

Criterios de adxudicación: ver apartado 11 da folla de especificacións do prego de cláusula administrativas particulares.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da consellería/Sergas, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no punto 9 do prego de claúsulas administrativas.

Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da consellería (en San Lázaro) a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 1996.

Antonio Fdez-Campa Garcia-Bernardo

Director xeral de Recursos Económicos

5131