Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 09 de xullo de 1996 Páx. 6.737

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 96/8-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha.

Enderezo social. Tte. Xral. Gómez Zamalloa, 9-1º, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.A. a C.T. Lestón.

Situación: Laracha.

Descripcións técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV de 841 m de lonxitude, en LA-30 que parte da L.M.T. a C.T. Cachada e final no C.T. que se vai construír en Lestón de 50 kVA. Concello de Laracha.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 13 de maio de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

4958