Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 08 de xullo de 1996 Páx. 6.664

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ANUNCIO do 21 de marzo de 1996, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se fai pública a clasificación do monte de Paciños a favor dos veciños de Paciños, parroquia de Mudelos, concello do Carballiño (Ourense).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, na sesión celebrada o día vinteún de marzo de mil novecentos noventa e seis, adoptou o acordo que ten unha parte dispositiva do seguinte teor literal:

Primeiro.-Clasifica-lo monte denominado de Paciños de 8 ha 85 áreas de superficie, aproximadamente, e sito no concello do Irixo, a favor dos veciños do lugar de Paciños, parroquia de Mudelos, no concello do Carballiño (Ourense), e coas extremas descritas no considerando terceiro, como veciñal en man común, en réxime de comunidade xermánica.

Segundo.-Que se proceda á exclusión do citado monte de calquera inventario, catálogo ou rexistro público no que poidan figurar inscritos a favor de

persoa ou entidade distinta á que agora se asigna a súa pertenza.

Notífiquese esta resolución ós alcaldes-presidentes dos concellos do Irixo e O Carballiño, ós representantes das comunidades veciñais, ó xefe do Servicio de Montes e Industrias Forestais, ós que se lles fará saber que contra esta resolución que esgota a vía administrativa poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, previa comunicación á que se refire o artigo 110. 3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de dous meses perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia contados a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

O que por orde do presidente se fai público no Diario Oficial de Galicia, para xeral coñecemento.

Ourense,21 de marzo de 1996.

José Manuel Baltar Blanco

Secretario do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común

4964