Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 04 de xullo de 1996 Páx. 6.613

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 1996 pola que se anuncia concurso polo procedemento aberto, dun contrato de consultoría e asistencia consistente nos traballos necesarios para a elaboración do libro A Pedra en Galicia.

Entidade adxudicataria: Consellería de Industria e Comercio.

Organismo: Dirección Xeral de Industria.

Número de expediente: 13/1996.

Obxecto do contrato: realiza-los estudios e finaliza-los ensaios de caracterización necesarios que permitan elabora-lo libro A Pedra en Galicia.

De acordo co disposto no artigo 69.3º da LCAP o presente contrato poderá efectuarse por lotes separados, tal e como se especifica nas prescricións 1 e 2 do prego de prescricións técnicas, podendo os licitadores presentar propostas sobre calquera dos lotes ou sobre ámbolos dous.

Lugar de execución: Santiago de Compostela.

Prazo de execución: os prazos máximos de execución do contrato serán os seguintes:

Lote A: 30 de novembro de 1996.

Lote B: 31 de outubro de 1996.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Orzamento base de licitación: dezanove millóns catrocentas mil pesetas (19.400.000 ptas.). Lote A: 9.900.000 pesetas e lote B: 9.500.000 pesetas.

Garantías:

Provisional: 2% do orzamento de cada un dos lotes ós que presente proposición:

Lote A: 198.000 pesetas.

Lote B: 190.000 pesetas.

Obtención de documentación e información:

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caeteano, 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15771.

Teléfono: 54 55 22.

Fax: 57 34 69.

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: non se esixe.

Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

Data límite de presentación: no prazo de trece días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Gali

cia, por tratarse dun expediente de tramitación urxente ó abeiro do disposto no artigo 72 da LCAP.

Documentación que se presentará: a indicada na cláusula 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación:

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15771.

Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses segundo o artigo 90 da Lei 13/1995, da LCAP.

Admisión de variantes: non se admiten.

Apertura das ofertas.

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano, 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15771.

Data: décimo primeiro día seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil ou sábado, posporase ó primiero día hábil seguinte.

Hora: doce horas trinta minutos.

Gastos de anuncios: o importe deste anuncio correrá por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 1996.

P.D. (O. 18-5-1994, DOG 100)

Manuel Barreiro Barbeito

Secretario xeral da Consellería de Industria e Comercio

5012