Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 03 de xullo de 1996 Páx. 6.576

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 11 xuño 1996, da Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura, pola que se fai público o acordo de reordenación dos polígonos de viveiros fluctuantes Redondela «A», «B», «C», «D», «E», «F» e «G».

Ponse en coñecemento de tódolos interesados no procedemento de revision e reordenación dos polígonos de bateas «A», «B», «C», «D», «E», «F» e «G» do distrito marítimo de Redondela, declarado de interese marisqueiro e urxente execución por orde da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura do 17-10-1986 (DOG nº 218) segundo o regulado no Decreto 423/1993, de 17 de decembro (DOG nº 13), polo que se refunde a normativa vixente en materia de marisqueo, extracción de algas e cultivos mariños, que, por proposta da comisión de revisión e reordenación da provincia de Pontevedra, na súa reunión do día 10-6-1996, se aproba o acordo de reordenación dos citados polígonos, que se exporá ó público mediante avisos insertos por unha soa vez no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da provincia, así como por tres días consecutivos nos taboleiros de anuncios da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, Delegación Territorial de Vigo e Confraría de Pescadores de

Redondela.

O acordo de reordenación estará a disposición de tódolos interesados nos seguintes locais:

Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Servicios centrais, San Caetano s/n, Santiago de Compostela.

Delegación Territorial de Vigo, Palma nº 4, Ed. Cambón, Vigo.

Confraría de Pescadores de Redondela.

Estrada da Praia, nº 15, Redondela (Pontevedra).

Organización de Productores Ostrícolas de Galicia.

R/ Michelena, 1-4º, Pontevedra.

Federación de Asociaciones y Cooperativas de Mexiolleiros das Rías de Aldán, Pontevedra e Vigo.

Avda. José Costa Alonso, 22 (Edificio Iris), Baixo. Moaña.

Capitanía Marítima de Redondela.

R/ Alfonso XII, 16, Redondela (Pontevedra).

O prazo de exposición será de trinta días, contados desde o seguinte ó da inserción do último aviso, de conformidade co establecido no artigo 48 do Decreto 423/1993, que se contarán desde o seguinte ó da inserción do último aviso e que se poderá, dentro do citado prazo, interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, de acordo co disposto no artigo 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 1996

Amancio Landín Jaráiz

Director xeral de Marisqueo e Acuicultura

4804