Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 03 de xullo de 1996 Páx. 6.572

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación de solicitude de permiso de investigación Farrapeira no concello de Ponteareas, por parte de Emilio Farrapeira Guillade.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra, fai saber que Emilio Farrapeira Guillade, con domicilio en Cristiñade, Ponteareas, presentou nesta delegación provincial o día 4 de agosto de 1995, instancia-solicitude do permiso de investigación Farrapeira de cinco cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental, que se sitúa no termo municipal de Ponteareas, da provincia de Pontevedra, e que lle correspondeu o nº 2.706 da provincia de Pontevedra.

A designación do terreo é a seguinte:

Lonxitude Latitude

Vértice 18º 32' 00"42º 09' 00"

Vértice 28º 31' 20"42º 09' 00"

Vértice 38º 31' 20"42º 08' 20"

Vértice 48º 31' 40"42º 08' 20"

Vértice 58º 31' 40"42º 08' 00"

Vértice 68º 32' 00"42º 08' 00"

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiro.

O que se fai público, para que, calquera que se considere interesado, interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial, pasado o dito prazo non se admitirá ningunha oposición.

Pontevedra, 17 de xuño de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

4241