Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 02 de xullo de 1996 Páx. 6.532

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, en sesión do 31 de maio de 1996, aprobou inicialmente a modificación do estudio de detalle das unidades de actuación A e B de Penamaría no ámbito da unidade B. O expediente exponse ó público no Negociado de Planeamento e Xestión polo prazo de 15 días contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia co obxecto de que os interesados poidan presenta-las alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 1996.

O alcalde

Rubricado

4641