Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 02 de xullo de 1996 Páx. 6.531

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 1996 pola que se anuncia concurso aberto para a contratación de varias obras de reparación.

Cumpridos os trámites regulamentarios nos correspondentes expedientes administrativos, o Institugo Galego da Vivenda e Solo anuncia a contratación, polo sistema de concurso aberto, das seguintes obras:

-Obxecto: reparacións varias no grupo de 96 vivendas en Lamas de Prado, Lugo. Expediente LU-96/REP 01.

Orzamento: 10.751.273 ptas.

Sistema de adxudicación: concurso aberto.

Prazo de execución: 4 meses.

Garantía provisional: dispensada en aplicación do Real decreto 1883/1979, do 1 de xuño.

Garantía definitiva: 430.051 pesetas.

Clasificación esixida: C-4; C-7.

Categoría do contrato: C.

-Obxecto: reparación de fachadas do bloque A-37, UVA 3 do polígono de Elviña, II fase. Expediente C-96/REP 03.

Orzamento: 37.241.243 ptas.

Sistema de adxudicación: concurso aberto.

Prazo de execución: 4 meses.

Garantía provisional: dispensada en aplicación do Real decreto 1883/1979, do 1 de xuño.

Garantía definitiva: 1.489.650 pesetas.

Clasificación esixida: C-4.

Categoría do contrato: D.

-Obxecto: reparación de fachadas no grupo de 41 vivendas en Fene, A Coruña. Expediente C-96/REP 04.

Orzamento: 18.844.116 ptas.

Sistema de adxudicación: concurso aberto.

Prazo de execución: 2 meses.

Garantía provisional: dispensada en aplicación do Real decreto 1883/1979, do 1 de xuño.

Garantía definitiva: 753.765 pesetas.

Clasificación esixida: C-4.

Categoría do contrato: D.

-Obxecto: reparación de fachada e rede de saneamento horizontal no grupo de 48 vivendas en Corcubión, A Coruña. Expediente C-96/REP 05.

Orzamento: 8.706.409 ptas.

Sistema de adxudicación: concurso aberto.

Prazo de execución: 2 meses.

Garantía provisional: dispensada en aplicación do Real decreto 1883/1979, do 1 de xuño.

Garantía definitiva: 348.256 pesetas.

Clasificación esixida: C-4.

Categoría do contrato: C.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescricións técnicas que rexerán a contratación, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións no Instituto Galego da Vivenda e Solo, en Área Central, polígono das Fontiñas, en Santiago de Compostela, desde as 9 ás 14 horas, de luns a venres.

Modelo de proposición: proposición económica, formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta no anexo I do prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de presentación: as proposicións presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural, que non coincida en sábado ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado ou festivo, o prazo rematará o primeiro día hábil seguinte.

Apertura de proposicións: a mesa de contratación reunirase en sesión plenaria ás 10, 10.30, 11 e 11.30 horas respectivamente, do undécimo día natural, contado a partir do último día de presentación de proposicións, na sala de xuntas do Instituto Galego da Vivenda e Solo. De coincidir en sábado ou festivo, a mesa reunirase o primeiro día hábil seguinte.

Documentos de queben achega-los licitadores: serán os indicados na cláusula 3ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 1996.

P.D. (R. 6-4-1995)

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

3891