O Decreto 265/1993, do 5 de novembro (DOG nº 219, do 15 de novembro) autorizou a convocatoria de 51 prazas vacantes da escala de profesores numerarios e 19 prazas vacantes da escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros.
Sen embargo non foi posible ata o momento levar a cabo a dita convocatoria por estar pendente de aprobación a orde que regulase as titulacións equivalentes para efectos de docencia, previstas nos artigos 3.3º e 4.3º da Lei 12/1992, do 9 de novembro, de creación de determinadas escalas de persoal funcionario ó servicio da Xunta de Galicia. A dita orde foi finalmente aprobada con data 22 de novembro de 1995, e publicada no DOG nº 236 do 12-12-1995.
No tempo transcorrido desde a publicación do Decreto 265/1993 implantáronse os ciclos formativos derivados da aplicación da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, o que supuxo un cambio das necesidades de profesorado nos centros de formación náutico-pesqueiros dependentes da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.
Como consecuencia diso, na relación de postos de traballo aprobada en Consello da Xunta de Galicia do 23 de novembro de 1995, (publicado no DOG nº 227, 27-11-1995) suprimíronse dúas prazas de mestres de taller e creáronse dúas prazas de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros.
Así mesmo inclúense vacantes correspondentes ó corpo de facultativos de arquivos.
Polo exposto, consultadas as organizacións sindicais correspondentes, despois de informe da Comisión de Persoal e de conformidade co establecido no artigo 12.8º da Lei 4/88, do 26 de maio, modificado pola Lei 3/1995, por proposta da Consellería da Presidencia e Administración Pública e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día seis de xuño de mil novecentos noventa e seis,
DISPOÑO:
Artigo único.
De acordo co previsto no artigo 29 da Lei 4/1988, da función pública de Galicia, modificado pola Lei
30/1995, do 10 de abril, apróbase a oferta parcial de emprego público referida a determinados corpos/escalas de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia para 1996 nos termos que se establecen a continuación:
Grupo A.-Escala de profesores numerario de institutos politécnicos marítimos pesqueiros:
MateriaNº prazas
-Navegación e meteoroloxía3
-Coñecementos do buque, estabilidade,
manobra, regulamentos e estiba3
-Bioloxía pesqueira4
-Motores de combustión interna e
instalacións propulsoras3
-Sistemas mecánicos e pneumohidráulicos2
-Sistemas auxiliares, vapor e frío3
-Sistemas eléctricos e electrónicos3
-Dereito marítimo e lexislación pesqueira2
-Seguridade marítima3
-Hixiene no traballo e primeiros
auxilios a bordo1
-Inglés marítimo2
-Física2
-Formación humanística3
-Lingua e literatura española1
-Lingua e literatura galega1
-Educación física1
-Cultivos mariños7
-Pesca marítima3
-Matemáticas2
-Debuxo técnico3
-Formación e orientación laboral1
Grupo A.-Escala facultativa de arquivos,
bibliotecas e museos: especialidade arquivos4
GRUPO B.- Escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo pesqueiros:
MateriaNº PrazaS
-Instructor de pesca2
-Prácticas do buque (ponte e cuberta)2
-Soldadura e caldeirería2
-Axuste e torno3
-Conducción, vapor e frío2
-Motores de combustión interna3
-Eletricidade, electrónica e
procedementos radiotelefónicos2
-Instalacións e equipos de cultivos1
Disposición derrogatoria
Queda derrogada polo presente decreto a referencia que fan os puntos II.1 e II.2 do Anexo II do Decreto 265/1993, do 5 de novembro, (DOG nº 219 do 15-11-1993) polo que se autoriza a convocatoria de prazas vacantes da Administración da Xunta de Galicia, ás escalas de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros e de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos: especialidade arquivos.
Disposición derradeira
Este decreto entrará en vigor o día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, seis de xuño de mil novecentos noventa e seis.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente
Dositeo Rodríguez Rodríguez
Conselleiro da Presidencia e Administración Pública
4918