Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 01 de xullo de 1996 Páx. 6.468

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN de 25 de xuño de 1996, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se anuncia a publicación das puntuacións provisionais do baremo dos procedementos selectivos de ingreso e acceso ó corpo de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas e ingreso no corpo de mestres.

A base común 7 da Orde do 8 de marzo e o punto 34 da Orde do 11 de marzo polas que se convocan procedementos selectivos para ingreso e acceso ó corpo de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas e ingreso ó corpo de mestres, establecen que a valoración dos méritos presentados polos aspirantes será efectuada, en nome dos tribunais, por unha comisión integrada por funcionarios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Realizada esta baremación procede darlle publicidade. En consecuencia, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e nas súas delegacións provinciais, a partir do día 5 de xullo de 1996, as puntuacións provisorias dos baremos establecidos nas ordes do 8 de marzo e do 11 de marzo de 1996.

Segundo.-Contra estas puntuacións poderá presentarse reclamación no prazo de dez días naturais contados desde o día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 1996.

Jaime García y García

Director xeral de Persoal

4726