Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 28 de xuño de 1996 Páx. 6.428

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ORDE do 21 xuño de 1996 pola que se resolve a convocatoria para a provision, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes na Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, anunciada pola Orde do 6 de maio de 1996.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Agricultura, Gandería e Montes pole Orde do 6 de maio de 1996 (DOG nº 96, do 16 de maio de 1996), en uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no seu artigo 15.4º, e de conformidade co disposto no artigo 27.2º da referida lei, e na disposición sexta da dita orde, e demais normativa vixente, esta consellería,

ACORDA:

Primeiro.-Resolve-la citada convocatoria conforme se indica no anexo desta orde, adxudicando destino, nos postos de traballo que se indican, ós funcionarios que se citan.

Segundo.-O cesamento no actual destino dos funcionarios que obteñan praza producirase no prazo de tres días contados a partir do seguinte ó da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. A toma de posesión das prazas adxudicadas deberase realizar no prazo dos tres días seguintes ó do cesamento, se se trata da mesma localidade na que actualmente prestan os seus servicios os funcionarios, ou no prazo dun mes, tratándose de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Real decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Terceiro.-As xefaturas de persoal dos centros nos que causen baixa os funcionarios, así como os daqueles nos que obteñan praza, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as dilixencias de cesamento e de toma de posesión, respectivamente, e efectuaranse acto seguido os trámites necesarios para a entrada en nómina, conforme dispón a orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 28 de novembro de 1983.

Trasladaranse as dilixencias efectuadas, mediante copia a Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Cuarto.-Contra esta orde poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo nos termos e prazos sinalados na Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, logo da comunicación a esta consellería conforme o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 1996.

Tomás Pérez Vidal

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes

ANEXO I

N.R.P:GrupoApelidos e nomePosto de traballoNivelLocalidadeDependencia

3275181335 A2063AÁlvarez de Mon Rego, AlejandraSub. Xeral Desenv. Rural30Santiago de

Compostela

Direc. Xeral Estr. e D.R.

3486996802 A2077BGonzález Vázquez, JesúsXefe Servicio de Promoción Agroalim.28Santiago de

Compostela

Direc. Xeral Prod. Agrop. e I.A.

0538848068 A2066ACostas López, José CarlosXefe Serv. Def. Contra Incendios28Santiago de

Compostela

Direc. Xeral montes e M.A.N.

A40XU034945756ASequeiros Pato, Juan CarlosXefe Servicio Sanid. e Producción Animal28OurenseDelegación Provincial

3323933202 A2060ANimo Mayo, ElenaXefe Sección de Habilitación e Caixa25Santiago de

Compostela

Secretaría Xeral