Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 27 de xuño de 1996 Páx. 6.390

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 1996, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos do Asociación Sindical de Veterinarios Funcionarios de la Xunta de Galicia (ASVEF).

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos neste, faise público que, no correspondente servicio desta dirección xeral, foron depositados a acta de constitución e os estatutos do Asociación Sindical de Veterinarios Funcionarios de la Xunta de Galicia (ASVEF) que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación sindical tódolos funcionarios da Xunta de Galicia ós que se lles esixiu ser licenciados en veterinaria para poder obstenta-la dita condición.

Asinan a acta de constitución: Saturnino Díaz Palmeiro, Eduardo Vidal Bahamonde e Jacinto Ramos Echaniz.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 1996.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

4791