Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 27 de xuño de 1996 Páx. 6.388

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 17 xuño de 1996, da Xefatura Provincial de Estradas da Coruña, pola que se sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación de bens afectados polas obras N-AC-87.1.5 alargamento e mellora C-550: Fisterra-Tui pola costa. Treito: Fisterra-Cee. Términos municipais de Cee, Corcubión e Fisterra.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu apartado 2º a competencia da Comunidade Autónoma galega no desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

Con data do 15 de febreiro de 1996, o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda aprobou o correspondente proxecto de trazado.

Polo Decreto 90/1996, de 29 de febreiro declárase a utilidade pública das mencionadas obras, e así mesmo, urxente a ocupación dos bens afectdos por estas para efectos do prevido no artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, esta xefatura, en uso das súas facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convocar-los titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios dos concellos de Cee, Corcubión e Fisterra, para que comparezan nos lugares, datas e horas que se citan para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los dereitos afectados, o valor destes e os prexuízos determinantes da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ó lugar dos predios se o consideran necesario.

Termo municipal de Cee.

* Local: Casa Consistorial de Cee.

-Día: 8 de xullo, do predio 1 ó 55-A.

De 10 a 14 horas.

-Día: 9 de xullo, do predio 56 ó 118.

De 10 a 14 horas.

Termo municipal de Corcubión.

* Local: Colexio Público José Carrera (Corcubión).

-Día 10 de xullo, do predio 1 ó 82.

De 10 a 14 horas.

-Día 11 de xullo, do predio 83 ó 167.

De 10 a 14 horas.

Termo municipal de Fisterra.

* Local: Casa Consistorial de Fisterra.

-Día: 12 de xullo, do predio 1 ó 50.

De 10 a 14 hoas.

-Día 15 de xullo, do predio 56 ó 108.

de 10 a 14 horas.

-Día 16 de xullo, do predio 108-A ó 166.

De 10 a 14 horas.

-Día 17 de xullo, do predio 167 ó 218-F.

De 10 a 14 horas.

-Día 18 de xullo, do predio 220 ó 273.

De 10 a 14 horas.

-Día 19 de xullo, do predio 274 ó 347.

De 10 a 14 horas.

-Día 22 de xullo, do predio 348 ó 411.

De 10 a 14 horas.

-Día 23 de xullo, do predio 412 ó 473.

De 10 a 14 horas.

-Día 24 de xullo, do predio 474 ó 622.

De 10 a 14 horas.

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo da contribución podendo facerse acompañar, pola súa conta, se o consideren oportuno dos seus peritos e notarios.

Así mesmo e en cumprimento do establecido no artigo 56 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa ábrese información pública durante un prazo de 15 días naturais, contados a partir do seguinte, ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado ou ata o momento do levantamento da acta previa á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante esta Xefatura Provincial de Estradas da Xunta de Galicia na Coruña, Plaza Luis Seoane s/n, 8ª pranta, as alegacións que consideren pertinentes con obxecto de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

A Coruña, 17 de xuño de 1996.

Antonio Fernández Saraquete

Enxeñeiro xefe

4897