Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 26 de xuño de 1996 Páx. 6.367

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 1996 pola que se fai pública a adxudicación da contratación, polo sistema de concurso aberto, dos servicios de mantemento e limpeza das instalacións do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) en Santiago de Compostela.

Para os efectos do disposto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións publicas, faise público que por resolución do director xeral do IGVS, do 13 de xuño de 1996, adoptada en virtude de delegación conferida mediante resolución do presidente do IGVS, do 6 de abril de 1995, foille adxudicado o contrato á empresa Ferrovial Conservación, S.A., por un importe de sesenta e seis millóns setecentas corenta e tres mil novecentas pesetas (66.743.900), IVE incluído, para un prazo de execución de dous anos.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 1996.

José A. Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

4792