Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de L.M.T. montañas de Valga, coas seguintes características especiais:
Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o apoio n.10 da L.M.T. Tibo-Canle, rematando no C.T. existente dos Martores, concello de Valga.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 1.641 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formgión y metálicos.
Orzamento: 4.729.475 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 20 de maio de 1996.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
4660