Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de L.M.T. Panxón III-Bouzavella, coas seguintes características especiais:
Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Lugar no que se vai establece-la instalación: desde un apoio que se vai colocar na L-3G.06 ata o C.T. existente en Bouzavella e desde o C.T. existente de Panxón III ata o C.T. existente de Bouzavella, concello de Nigrán.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: L.M.T., aéreo-subterránea, a 20 kV, de 35 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor tipo LA-56, sobre apoio de formigón, e 400 m de lonxitude o tramo subterráneo, con conductor tipo R.H.V.
Orzamento: 9.733.847 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 20 de maio de 1996.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
4666