Pola presente cédula, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a Zoilo Basanta León, adxudicatario da vivenda do expediente C-90, correspondente á conta 306 no grupo de vivendas de Santa Cristina (Palavea), bloque 10, portal 10, 2º B da Coruña, que o vindeiro día 28 de xuño, ás 10 horas, se procederá a executa-lo lanzamento derivado do expediente de desafiuzamento seguido por falta de pagamento,
e en virtude da autorización xudicial concedida para a entrada en domicilio de particulares polo Xulgado de Instrucción número cinco da Coruña.
Para este acto comparecerá no seu domicilio José Ruiz Gómez, recadador da empresa colaboradora na xestión e recadación de vivendas da Xunta de Galicia, Hnos. Alonso Garrán, S.L., debidamente autorizado con credencial asinada para o efecto polo director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo e co auxilio das forzas de seguridade do Estado, autonómicas ou locais.
Para poder paraliza-lo dito acto poderá facer efectiva a débeda pendente maila recarga establecida, en calquera momento anterior do lanzamento.
Poderá así mesmo deixar voluntariamente a vivenda que ten adxudicada, facendo entrega das chaves na Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo.
Santiago de Compostela, 18 de xuño de 1996.
José Antonio Redondo López
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo
4802