Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de L.M.T., C.T. e R.B.T. estación de servicio Curro, que ten as seguintes características especiais:
Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o apoio n. 94 da L.M.T. Tibo-Arco, rematando no C.T. que se proxecta en estación de servicio de Curro, concello de Barro.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: L.M.T., aéreo-subterránea, a 20 kV, de 212 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón e metálicos, e 25 m de lonxitude o tramo subterráneo con conductor tipo R.H.V. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., aéreo-subterránea, cunha lonxitude de 70 m o tramo aéreo, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón, e 30 m de lonxitude o tramo subterráneo, con conductor tipo R.V.
Orzamento: 3.679.182 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 20 de maio de 1996.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
96-4365