Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 25 de xuño de 1996 Páx. 6.299

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 96/1-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública, en concreto, e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que seguen:

-Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

-Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

-Denominación: L.M.T. Ponteceso-Malpica e derivadas.

-Situación: Ponteceso-Malpica.

-Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 25/20 kV, sobre apoios metálicos e de formigón, con conductor LA-110, de 11.687 m de lonxitude, con orixe na liña subterrárea que alimenta ó C.T. edificio Ponteceso (Expte. 34932) e remate na liña Carballo-Malpica (Expte. 23924). Liñas eléctricas aéreas, derivadas da anterior, sobre apoios formigón e conductor LA-56:

-De 240 m de lonxitude, con orixe en apoio nº 17 e remate en C.T. Castro.

-De 736 m de lonxitude, con orixe en apoio nº 20 e remate en C.T. Nemeño.

-De 147 m de lonxitude, con orixe en apoio nº 25 e remate en C.T. Campara.

-De 297 m de lonxitude, con orixe en apoio nº 27 da liña que alimenta ó C.T. Arada e remate en C.T. Figueroa.

-De 367 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 34 da liña que alimenta o C.T. Barizo e remate no C.T. Mens.

-De 844 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 43 da liña Ponteceso-Malpica e remate no C.T. Ponte Berrán.

-De 736 m de lonxitude, con orixe na liña Ponteceso-Malpica e remate no C.T. Seaia.

-Centros de transformación, tipo aéreo, de 50 kVA/U e tensións de 20/0,380-0,220 kV nos lugares de Badarra e Santiso I.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 13 de maio de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

96-4588