Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 25 de xuño de 1996 Páx. 6.297

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 96/7-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública, en concreto, e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que seguen:

-Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

-Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

-Denominación: L.M.T.-CC.TT. e R.B.T. en Seoane-Castrobo-Os Campos.

-Situación: Cambre.

-Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 15 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 1.572 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta o C.T. Meixigo (Expte. 30899) e final nos centros de transformación que se van instalar en Castrobo e Seoane. Dous centros de transformación aéreos, de 100 kVA/U e tensións de 15/0,380-0,220 kV en Castrobo e Seoane. Cambre.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 10 de maio de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

4381