Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 25 de xuño de 1996 Páx. 6.294

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 8 de maio de 1996, do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra, pola que se notifican resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intendada a notificación non se puido efectuar (expedientes número PO-01491-O-95 e un máis).

Pola presente cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras, dictadas pola delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda de Pontevedra, facultada polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (DOG do 26 de marzo), recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que lles asiste para interpoñer recurso ordinario perante o director xeral de

Transportes de Pontevedra no prazo dun mes a contar desde o seguinte á publicación da presente cédula.

No caso de conformidade con estas notificacións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesoluro da Facenda Galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 311.500.007.9 de Caixa de Galicia, oficina principal de Pontevedra.

E para que conste e sirva de notificación ós denunciados de enderezos descoñecidos, e en cumplimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de 26 de novembro, sobre réximen xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285 do 27 de novembro), expido, asino e selo a presente cédula en Pontevedra, a 8 de maio de 1996.

Mª Cruz Tomé Navas

Xefa do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra

ANEXO

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-Estrada-p.q.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

proposta

PO-01491-O-95

PO-7822-V

G.C. Tráfico

Efectos Navales Vigueses, S.A.

Canceleiro, 3

Vigo

36201 Pontevedra

Transportar caixas de frespan desde Vigo ata Marín, carecendo da tarxta de transportes. Servicio privado, vehículo lixeiro.

1-6-1995; 13; N-558; 4

Art. 141 B) en Relac.

142 m) LOTT

Art. 103 LOTT

Art. 158 ROTT

143 LOTT

201 ROTT

25.000

PO-02376-O-96

PO-9896-LS

G.C. Tráfico

Construcciones Crisvegon, S.L.

Estivada Belesar

Baiona

36307 Pontevedra

Circular desde Tui (Pontevedra) ata Vigo (Pontevedra), sete pranchas de cemento, carecendo da autorización administrativa. Servicio privado.

22-11-1995; 17.40; C-550; 202,200

Art. 142 A) LOTT

Art. 199 A) ROTT

Art. 103 LOTT

Art. 158 ROTT

143 LOTT

201 ROTT

15.000

96-4239