Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 24 de xuño de 1996 Páx. 6.264

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEDEUME

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 1996 sobre publicación do concurso para adxudicación do contrato de redacción do proxecto para a construcción dun aparcamento subterráneo, e que servirá de base para a concesión da súa explotación.

1. Obxecto do concurso: constitúe o obxecto do concurso a adxudicación do contrato de redacción

do proxecto para a construcción dun aparcamento subterráneo e que servirá de base para a concesión da súa explotación (concesión de bens de servicio público), nos seguintes lugares: Praza do Conde ou Avda. de Ricardo Sánchez.

2. Concursantes: poderán participar no concurso os profesionais habilitados, en virtude do título correspondente, para a redacción deste tipo de proxectos.

Cada participante poderá presentar máis dunha proposta, tanto se acode só como se o fai en equipo.

3. Proposicións: presentaranse no rexistro xeral da casa do concello durante o prazo de corenta e cinco días máis contados desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en sobre pechado, no que figurará a inscrición do obxecto de concurso.

A documentación que se presentará será a seguinte:

a) Solicitude cuberta conforme o modelo que se cita no punto 6.

b) Copia do DNI do solicitante ou representante do equipo profesional.

c) Xustificante do pagamento dos dereitos de inscrición, que ascenden a 15.000 pesetas.

4. Premio: o adxudicatario do concurso, unha vez notificado o acordo adoptado, procederá no prazo dun mes e redactará o proxecto básico e de execución seguindo os criterios técnicos propostos na documentación presentada. O custo do proxecto será asumido pola empresa adxudicataria da concesión da explotación do aparcamento.

5. Documentación que presentarán os concursantes: os traballos entregaranse baixo lema, co fin de garanti-lo anonimato dos concursantes, xunto cun sobre pechado baixo o mesmo lema. No interior do sobre constará a identidade do concursante ou do equipo coa sinatura correspondente.

6. Solicitudes: presentaranse segundo o modelo seguinte:

Don/Dona..., de profesión..., veciño/a de..., con domicilio en..., NIF número..., actuando en representación (propia ou de...), expón,

a) Que, informado da convocatoria do concurso para a redacción do proxecto para a construcción dun aparcamento subterráneo, solicita a súa inscrición para participar nel.

b) Que coñece e acepta as bases do concurso.

c) Que presenta xustificante de pagamento dos dereitos de inscrición.

7. Bases: poderán examinarse na dependencia municipal de contratación, segundo andar, en horas de 9 a 14.

Pontedeume, 31 de maio de 1996.

Belarmino Freire Bujía

Alcalde