Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 24 de xuño de 1996 Páx. 6.264

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 1996 pola que se fan públicas as razóns que xustifican a utilización do procedemento de contratación directa do aluguer dun piso sito na Rúa Nova número 1, 4ºA, de Santiago de Compostela, para servicios do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela.

En cumprimento do disposto no artigo 22.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma e 55.2º do seu regulamento e á vista das competencias que teño atribuídas con base no Decreto 64/1996, do 15 de febreiro,

RESOLVO:

Facer público que, por necesidades do servicio ou función que se vai satisfacer no piso xustificadas no expediente, logo de fiscalización da Intervención Delegada, a utilización do procedemento de contratación directa do aluguer dun piso sito na Rúa Nova nº 1 - 4º A de Santiago de Compostela, para servicios do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 1996.

P.D. (Orde do 15-9-1994)

Carlos Negreira Souto

Secretario xeral do Sergas

4768