Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 24 de xuño de 1996 Páx. 6.255

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 30 de abril de 1996 pola que se aproba o cambio de dominio mortis-causa da batea Durán II.

Visto o expediente incoado por Mª del Carmen Portela Freire, no que solicita o cambio de dominio mortis-causa do viveiro fluctuante de cultivo de mexillón denominado Duran II, outorgado pola orde ministerial do 31-1-1974 (BOE nº 52), situado na cuadrícula nº 27, do polígono B de Cangas, rematando a concesión o 1-3-2004, e do que era titular Manuel Díaz del Río.

Tendo en conta o informado polo Servicio Xurídico e de Planificación e de conformidade co sinalado no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia e considerando que ó expediente figuran unidos o certificado de defunción, a certificación do rexistro de últimas vontades, a declaración de herdeiros ab-intestato, a relación de bens debidamente liquidada de impostos e o caderno particional da herdanza, esta consellería tivo a ben

acceder ó solicitado, declarando titular da concesión administrativa e do viveiro do que se trata, nas mesmas condicións cás expresamente consignadas na orde ministerial de outorgamento, a favor de Mª del Carmen Portela Freire, Ana Isabel Díaz Portela, Irene Díaz Portela e Raquel Díaz Portela.

Os novos titulares subróganse no prazo, dereitos e obrigas do anterior, así como quedan obrigados a observa-las disposicións en vigor sobre este particular.

Vigo, 30 de abril de 1996.

P.D. (Orde 27-6-1990)

Juan M. López García

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)

9604711