Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de L.M.T. e C.T. en r/ Justo Martín que ten as seguintes características especiais:
Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o C.T. Igrexa alimentando en bucle ó C.T. que se proxecta na r/Justo Martín e rematando no C.T. da rúa Irida, concello da Estrada.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 345 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V. C.T. de 630 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.
Orzamento: 12.847.249 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 7 de maio de 1996.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
9604386