Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 24 de xuño de 1996 Páx. 6.249

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se declara, a utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 216/1995 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial, por petición de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio en Vigo no que solicita declaración, de utilidade pública para o establecemento de:

L.M.T., aérea, a 20/24 kV, de 382 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde o apio 150 da L.M.T. existente en Mourente-Marín, e rematando no C.T. que se proxecta no Regueiriño, concello de Pontevedra. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-398/230 V. R.B.T., aérea, de 805 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.

Que ten como data de autorización administrativa o 31-8-1995 (expdiente 216/1995 A.T.) e cumpridos os trámites regulamentarios ordenados no capítulo III do Regulamento aprobado polo Decreto 2619/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas. Esta delegación provincial, resolveu:

Declarar, a utilidade pública da instalación eléctrica que máis arriba se cita, para os efectos sinalados na Lei 10/1966, sobre expropiación forzosa

e sancións en materia de instalacións eléctricas e seu regulamento de aplicación do 20 de outubro de 1966.

Pontevedra, 6 de maio de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

9604383