Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 24 de xuño de 1996 Páx. 6.242

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 1996 pola que se resolve o concurso de libre designación para a provisión dun posto vacante do cadro de persoal funcionario de Adminitración e Servicios, convocado por resolución da Universidade de Santiago de Compostela do 20 de marzo de 1996.

Consonte o disposto na base 4 da resolución do 2 de marzo de 1996, da Universidade de Santiago de Compostela pola que se convoca concurso de libre designación para a provisión dun posto vacante no cadro de persoal funcionario de Administración e servicios desta universidade.

Rematado o prazo de presentación de instancias e á vista das solicitudes presentadas e logo do informe da xerencia,

Este rectorado, en uso das competencias que lle recoñece o artigo 18 da Lei orgánica 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la adxudicación do posto de traballo contido no anexo desta resolución.

Segundo.-O destino adxudicado será irrenunciable, agás que antes de remata-lo prazo de toma de posesión se obtivese outro destino mediante convocatoria pública, quedando obrigado o/a interesado/a, neste caso, a comunicarllo ó rectorado da Universidade de Santiago de Compostela no prazo de tres días.

Terceiro.-O prazo para tomar posesión do destino obtido será de tres días hábiles se o/a funcionario/a radica na mesma localidade, ou dun mes se radica en localidade distinta. O prazo de toma de posesión empezará a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia da presente resolución.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os/as interesados/as interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a publicación da presente resolución.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 1996.

Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO I

Posto de traballo: Secretaría do Gabinete de Coordinación.

Nivel: 18.

Grupo: C/D.

Apelidos e nome: Mª del Carmen Buceta Beiras.

DNI: 33.082.227.

9604330