Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 24 de xuño de 1996 Páx. 6.240

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 11 de xuño de 1996 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais anunciado por Orde do 15 de abril de 1996.

Convocada por Orde do 15 de abril de 1996 (DOG nº 82, do 26 de abril) a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, de conformidade co previsto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, na súa nova redacción dada polas leis 4/1991, do 8 de marzo e 3/1995, do 10 de abril, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades conferidas polo artigo 15.4º da devandita lei. Esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada pola Orde do 15 de abril de 1996 (DOG nº 82, do 26 de abril).

Segundo.- Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ó persoal que se relaciona no anexo da presente orde.

Terceiro.-O persoal mencionado deberá tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencionso-administrativo, previsto na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación, logo de comunicarllo a esta consellería, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 1996.

Jesús Carlos Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

ANEXO

Nº R.P.: 3325284535A2060.

Apelidos e Nome: Barca Ramos, María Elena.

Posto de traballo: Servicio de Relacións Lavorais.

Código do posto: XUC991000032001026.

Grupo: AB.

Nivel: 28 B.

Corpo ou escala: xeral.

Dependencia: Delegación Provincial de Ourense.

Localidade: Ourense.

96-4625