Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 24 de xuño de 1996 Páx. 6.239

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 1996, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se regula a composición das comisións avaliadoras da fase de prácticas establecida na Orde do 28 de marzo de 1995, pola que se convocaban procedementos selectivos de ingreso e acceso no corpo de profesores de ensino secundario.

Na base común 12 da Orde do 28 de marzo de 1995 (DOG do 7 de abril), regúlase e establécese a necesidade de realizar prácticas docentes previas ó nomeamento dos interesados como funcionarios de carreira, co obxecto de valora-las aptitudes didácticas dos aspirantes que aprobaron a fase de oposición. Na súa virtude, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Para a valoración dos aspirantes ó corpo de ensino secundario serán nomeadas tres comisións cualificadoras, dúas de letras e outra de ciencias e tecnoloxía formadas por especialistas nas respectivas áreas e que terán a seguinte composición:

-Presidente: un inspector ó servicio da Administración educativa nomeado polo Director Xeral de Persoal por proposta da Inspección Central.

-Catro vocais, designados entre os profesores de ensino secundario.

Segundo.-A inspección ó servicio da Administración educativa poderá visita-lo profesorado en prácticas e emitirá un informe sobre o desenvolvemento da súa función, que será tido en conta pola comisión avaliadora.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 1996.

Jaime García García

Director xeral de Persoal

9604613