Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 21 de xuño de 1996 Páx. 6.189

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 3 xuño de 1996 pola que se anuncia concurso público para a contratación da subministración e instalación do equipamento telemático para o programa Igatel do Instituto Galego de Promoción Económica.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), r/ Frei Rosendo Salvado, 16-baixo, 15701 Santiago de Compostela, Tf: (981) 54 11 87. Fax: (981) 59 04 67.

b) Número de expediente: CP nº 12/96.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración e instalación do equipamento telemático para o programa Igatel do Igape.

b) Número de unidades que se entregarán: as indicadas no prego de prescricións técnicas.

c) División por lotes e número:

Lote 1.1: conexión Igape/Internet.

Lote 1.2: acceso a Internet para Igatel.

Lote 2: facturación do sistema Igatel.

Lote 3.1: asistencia técnica a ususarios de Igatel.

Lote 3.2: módems para ususarios de Igatel.

Lote 3.3: tarxetas RDSI para ususarios Igatel.

d) Lugar de entrega: na sede do Igape en Santiago de Compostela, r/ Frei Rosendo Salvado, 16.

e) Prazo de entrega: 30 días naturais contados desde o seguinte ó da formalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 28.617.200 ptas. (IVE incluído).

Lote 1.1: 3.967.200 ptas. (IVE incluído).

Lote 1.2: 1.740.000 ptas. (IVE incluído).

Lote 2: 3.480.000 ptas. (IVE incluído).

Lote 3.1: 6.960.000 ptas. (IVE incluído).

Lote 3.2: 10.150.000 ptas. (IVE incluído).

Lote 3.3: 2.320.000 ptas. (IVE incluído).

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento base de licitación.

6. Obtención da documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape). Os interesados poden retirar copia os pregos en Copynino, Santiago de Compostela, r/ Xeneral Pardiñas 2, Teléf. (981) 58 89 38.

b) Domicilio: r/ Frei Rosendo Salvado, 16-baixo.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701 A Coruña.

d) Teléfono: (981) 54 11 87.

e) Telefax: (981) 59 04 67.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Non se require clasificación.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión finalizará ás catorce horas do vixésimo sétimo día hábil seguinte á publicación do anuncio do concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado o prazo entenderase prorrogado ata as 14 horas do seguinte día hábil.

b) Documentación a presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e lacrado e dentro do prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciándolle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama e xustificando a data de imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: si.

9. Apertura das ofertas.

Ás 9 horas do terceiro día hábil, que non coincida en sábado, seguinte á finalización do prazo de presentación de ofertas. No Instituto Galego de Promoción Económica, sito en r/ Frei Rosendo Salvado, 16, Santiago de Compostela.

10. Gastos de anuncios.

Os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 1996.

Diego Diz Fernández

Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

3675