Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 21 de xuño de 1996 Páx. 6.174

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 1996 pola que se convoca a contratación, en réxime de concesión, dos servicios de cafetería e comedor nos edificios administrativos da Xunta de Galicia, situados en San Caetano, Santiago de Compostela.

1.Obxecto: contratación dos servicios de cafetería e comedor no local destinado para o efecto no edificio posterior esquerdo do complexo administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela.

2. Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderá solicitarse na Subdirección Xeral de Contratación da Consellería da Presidencia e Administración Pública os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, sita no edificio central do complexo administrativo de San Caetano, 2ª planta en Santiago de Compostela.

3. Fianza provisional: 1.000.000 de pesetas.

4. Fianza definitiva: 2.000.000 de pesetas.

5. Garantía complementaria: 5.000.000 de pesetas.

6. Modelo de proposición: o que figura como anexo II ó prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación de proposicións: a proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Xunta de Galicia, situado na planta baixa do edificio central do complexo administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, ou por correo, da forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. O prazo de admisión rematará ás catorce horas do día 17 de xullo de 1996.

No exterior do sobre expresarase o seguinte texto: proposición para tomar parte no concurso convocado pola Consellería da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia para a contratación do servicio de cafetería e comedor nos edificios administrativos da Xunta de Galicia en San Caetano (Santiago de Compostela), que presenta Don/Dona..., en nome... (propio ou da entidade que representa).

8. Apertura de proposicións: en acto público, na sala B de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública (semisoto do edidificio central de San Caetano), ás 10 horas do día 19 de xullo de 1996.

O importe deste anuncio correrá por conta do adxudicatario, que o deberá de aboar con antelación a sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 1996.

P.D.(Orde 13-12-1993)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública

4609