Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 21 de xuño de 1996 Páx. 6.099

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

DECRETO 249/1996, do 20 de xuño, polo que se nomea a José María Sánchez González secretario xeral da Consellería de Cultura e Comunicación Social.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, modificada pola Lei de Galicia 11/1988, do 20 de outubro, por proposta do conselleiro de Cultura e Comunicación Social, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte de xuño de mil novecentos noventa e seis,

Nomeo a José María Sánchez González secretario xeral da Consellería de Cultura e Comunicación Social.

Santiago de Compostela, vinte de xuño de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura e Comunicación Social

4842